Voluntariado lector

CURSO 2015-16
Outro ano mais no CEIP Santa Mariña temos presente que a formación do alumnado en actitudes solidarias marcando o camiño  a biblioteca e a lectura. A través das actividades que o Equipo de Biblioteca propón traballamos para educar as actitudes de coidado dos máis vulnerables, de respecto polo outro ou de acompañamento, e tratamos de espertar o interese por participar en accións de creación colectiva e de experiencia compartida na construción da sociedade.
Estas motivacións son as que nos levaron a participar na proposta de "Voluntariado de lectura-A"


Deste xeito, o alumnado de 5º e 6º formará parte deste proxecto que ELES MESMOS crean, dan forma e levan a cabo (coa supervisión do profesorado implicado). 

As actividades realizaranse o derradeiro luns de cada mes, entre os meses de febreiro e maio e nun horario de tarde (fóra do horario lectivo). Serán desenvolvidas no Centro Xeriátrico Geriatros Barreiro (Vigo).

As activiades levadas a cabo son as seguintes:


LUNS 15 DE FEBREIRO

O alumnado de 5º e  6º, tras escoller o libro ”La abuela pirata, en busca del oro olimpico”, levaron a cabo no xeriátrico unha escenificación e lectura do libro, empregando todo tipo de recursos:  a danza, a dramatización e a pantomima.
A continuación,o alumnado acompañou ao residentes coa súa compaña e conversación.











--------------------------------------------------



LUNS 14 DE MARZO

   O segundo libro que escolleron para traballar é o titulado “Titiricircus”. Neste caso, decidiron facer  unha escenificación e lectura do libro, empregando todo tipo de recursos: o movemento (elaboración de figuras de acrosport) e a danza, a dramatización e a pantomima, xestos, unha dramatización teatral do libro a partir dunha función no circo. Coa supervisión e apoio do profesorado implicado, os nosos nen@s improvisaron unha serie de recursos cos que converteron a sala do xeriátrico nun circo. 
    O rematar a actuación, compartiron un bo anaco en charlar e intercambiar  experiencias cos anciáns.














-----------------------------------------------------------------------------------


LUNS 25 DE ABRIL

O terceiro libro a representar é “ Ábrete , huevo, ábrete”.A obra está intercalada de cinco músicas populares galegas, que os nen@s ,xunto cos anciáns cantan, bailan e sobre todo, gozan.
É unha historia dunha galiña que é nai por primeira vez.
Como é o luns anterior ao Día da Nai, ao rematar, o alumnado felicita as mulleres residentes agasallándolles con flores  e  compartindo un tempo  con eles como nas anteriores ocasións. 









Agasallo dos rapaces ás avoas.



















---------------------------------------------------------------------------------

CURSO 2014-15


No CEIP Santa Mariña temos presente que a formación do alumnado en actitudes solidarias e de compromiso co seu entorno máis próximo, así coma co mundo no que vive e a sociedade que o arrodea pode facerse dende varios ámbitos. Uns deles son a biblioteca e a lectura. A través das actividades que o Equipo de Biblioteca propón traballamos para educar as actitudes de coidado dos máis vulnerables, de respecto polo outro ou de acompañamento, e tratamos de espertar o interese por participar en accións de creación colectiva e de experiencia compartida na construción da sociedade.
Estas motivacións son as que nos levaron a participar na proposta de "Voluntariado de lectura-A" levada a cabo pola Consellería. Deste xeito, o alumnado de 6º formará parte deste proxecto que ELES MESMOS crean, dan forma e levan a cabo (coa supervisión do profesorado implicado). 
As actividades realizaranse o derradeiro luns de cada mes, entre os meses de xaneiro e maio e nun horario de tarde (fóra do horario lectivo). Serán desenvolvidas no Centro Xeriátrico Geriatros Barreiro (Vigo), no Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes do Meixoeiro (Vigo) e no Hospital Xeral de Vigo (aula infantil).

A continuación expomos as características da nosa proposta:



Estas actividades realízanse o derradeiro luns de cada mes dende xaneiro ata maio. Será unha actividade que se seguirá levando a cabo tódolos anos.

LUNS 26 DE XANEIRO

O alumnado de 6º, tras escoller e realiza-la lectura do libro “Wangari y los árboles de la paz”, decidiron elaborar un libro xigante da historia. No xeriátrico, levaron a cabo unha escenificación e lectura do libro, empregando todo tipo de recursos: o movemento (elaboración de figuras de acrosport) e a danza, a dramatización e a pantomima, o simbolismo empregando teas, xestos, murais,… A actividade foi moi completa porque abarcou unha ampla variedade de recursos.



A continuación, e seguindo o fío da historia do libro a tratar, xunto con algún dos anciáns plantaron unha maceira na horta do xeriátrico e unhas cebolas nunha gran xardineira.


PREPARACIÓN DOS MURAIS


















LUNS 23 DE FEBREIRO
    O segundo libro que escolleron para traballar é o titulado “Avós”. Neste caso, decidiron facer unha dramatización teatral do libro a partir dunha ambientación nunha festa de pobo.     Coa supervisión e apoio do profesorado implicado, os nosos nen@s improvisaron unha serie de recursos cos que converteron a sala do xeriátrico nunha verbena. A obra estaba intercalada de cinco músicas populares galegas, que os nen@s (xunto cos anciáns) cantaron, bailaron e sobre todo, gozaron.
    O rematar a actuación, compartiron un bo anaco en charlar e intercambiar  experiencias cos anciáns.















LUNS 30 DE MARZO
Aínda que nun principio os nen@s querían facer un xogo da busca do tesouro, dando como resultado un gran puzzle que contiña unha poesía, despois das pertinentes reunións coa coordinadora do Centro Geriatros, tivemos que levar a cabo unha modificación da actividade proposta debido ás dificultades dalgúns dos anciáns para poder desprazarse.

Finalmente, a temática escollida para este mes sería a dos refráns, xa que, quen sabe máis refráns cos nosos avós?

No centro, grazas á colaboración da titora de 6º, traballáronse ao longo do mes refráns típicos: clasificación, significado,… A continuación, o alumnado elaborou un gran corazón, formado por varias pezas de cartolina de cor vermella. Estas pezas entregáronselle a Vanesa e xunto cos avós e avoas, escribiron cada un deles un refrán nun dos anacos do corazón.

O día da actuación, os nosos alumn@s tiñan que explicarlle aos demáis o que crían que significaban os refráns que eles escolleran. Ademais, íanos pegando para dar forma ao gran corazón. No medio da actuación, os nen@s de 6º levaron a cabo varias actuacións: baile con paraugas (“En abril, aguas mil”), malabares con cariocas, zancos,...

Finalmente, compartiron media hora de intercambio de experiencias e charlas.
























LUNS 13 DE ABRIL NO HOSPITAL XERAL DE VIGO


























E chegou a última actuación dos nos@s nen@s de Voluntariado Lector... Para esta última actuación, prepararon unha gran obra de teatro: "O merlo branco" e fixéronno moi moi ben. Moitas grazas ao alumnado de 6º e aos pais e nais que participaron e fixeron posible que levaramos a diante esta fermosa actividade!!!