A nosa biblioteca


Este curso 2016/17 sempre o lembraremos como o curso no que a nosa biblioteca, pouquiño a pouquiño, foi cambiando para convertirse nun espazo atractivo, ameno e acolledor onde poidamos pasar momentos de lecer e diversión.

Foron meses de traballo, pero xa sabemos que sin esforzo non hai recompensa. Aínda quedan cousiñas por facer pero o máis importante xa está rematado!!

O equipo de Biblioteca queremos agradecer, dende aqui, ao noso conxerxe, Moncho, todo a axuda e colaboración prestada.


Neste video podedes ver como foi cambiando a nosa biblioteca.



--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

A nosa biblioteca está cambiando!!

Pasiño a pasiño imos traballando e intentando mellorar. Despois duns cantos meses pachada por reformas, por fin podemos gozar da nosa biblioteca totalmente renovada.  Estrenamos novo mobiliario nas seccións de lectura:



Tamén a zona de divulgación e audiovisuais está totalmente renovada:


Contamos con revistas e un recuncho novo onde expoñer as novidades:


A nosa propia CDU e as normas:


O novo recuncho de lectura:


E tamén renovamos os equipos infórmaticos con 3 portátiles e un ordenador para a xestión:


-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------        
OS NOSOS BOOKTOBERS
Dous peques do cole fan as nosas recomendacións lectoras para o verán.






--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

CONTACONTOS "O MONSTRO DE CORES"
Un dos nosos contos preferidos nas nosas clases este curso é o Monstro de Cores... e o xoves 9 de xuño tivemos unha sesión de contacontos moi especial con ese libro. Un grupo de nais e pais do Ceip Frián visitounos para contar e representar a historia do Monstro e as súas emocións: música, títeres, maxia de cores,... unha maravillosa posta en escena feita con moitísimo cariño e que nos agradecemos un montón!!!!

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
PROXECTO "GALAXIA CASARES"
Como todos os anos recibimos a visita do alumnado de instituto Carlos Casares de Vigo para deleitarnos cos seus contos. Sempre é un pracer ver o gran traballo que fan para representar os diferentes contos. Ademáis de ver algúns dos nosos antigos alumnos, xa que é o noso centro adscrito.
Este ano dividimos o cole en dúas partes infantil e 1º de primaria por unha banda e de 2º a 6º pola outra, adaptándonos a temática representada.
Contos para infantil e 1º de primaria: 
"A GALIÑA AZUL"
"COCORICO"
"GATO VERMELLO E GATO AZUL"
"O COELLIÑO BRANCO"
"A GALIÑA ROXA"


Contos para Educación Primaria:
"OS TORIBIOS FAN POESÍA"
"RAPEANDO A LOLA"
"PERCUSIÓN COA GALIÑA AZUL"
"O CAN RIN E O LOBO CRISPÍN"
LERIANDO COS PERSONAXES DE CASARES"


----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
SEMANA DO LIBRO

Dende o día 18 ata o 22 de abril no colexio realizamos actividades para recordar e festexar o "Día do Libro". Trátabase de que todas e todos tiveramos momentos para compartir e desfrutar da lectura, buscando espazos diferentes aos habituais, lectoras e lectores distintos aos de outras "horas de ler" e conseguindo así momentos tan fantásticos como os que podedes ver nas seguintes fotografías....

Luns: "Madriñas e padriños de contos"
As rapazas e rapaces de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria foron uns estupendos "madriñas e padriños" para as nenas e nenos máis pequenos do colexio (Infantil e 1º de Primaria).

 http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d40930243k8186683o1l1/padrios-lectores



Martes: As profes cambian de clase.
Durante a "hora de ler" as mestras do colexio cambiaron aos seus alumnos habituais en esta sesión por os de outros grupos, o que resultou moi agradable para todas e todos.



Mércores: Lecturas ao sol.
Aproveitamos a boa mañá que tivemos o mércores para sacar os nosos contos e libros ao patio... Algúns decidiron facer lecturas individuais e outros fixeron unha lectura colectiva dirixida pola súa mestra.




Xoves: Lemos poemas de Manuel María.
Adicamos o xoves a coñecer a figura do poeta ao que se lle vai a adicar o día das Letras Galegas 2016. Así todos podemos coñecer e desfrutar das preciosas poesías que nos deixou Manuel María.
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d42510479k9052614o1l1/lemos-poemas-de-manuel-maria



Venres: As nais e pais tamén contan.
O último día desta semana extraordinaria contamos con  "contadores" moi especiais para as rapazas e rapaces: Algunhas das nais e pais do colexio!!! Agradecemos a súa colaboración e a ilusión e cariño que puseron na lectura dos seus contos.



 -----------------------------------------------------------

VISITOUNOS LEDICIA COSTAS

O martes 5 de abril visitounos Ledicia Costas, escritora viguesa e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por "Escarlatina, a cociñeira defunta"





Viu falar cos nenos e nenas de primaria que leran o seu libro e coincidiu coa visita do alumnado de infantil ó Salón do Libro de Pontevedra que este ano lle adican a ela. Por iso encantounos compartir uns minutos con ela.

Foi moi agarimosa, firmounos os seus libros e regalounos moitos sorrisos.

Grazas Ledicia

-----------------------------------------------------------
UNHA MOREA DE MULLERES
Co motivo do día da muller aproveitamos para facer na nosa biblioteca unha exposición de libros onde as protagonistas foxen mulleres cun papel diferente ao esteriotipado e con libros escritos por distintas mulleres.

-----------------------------------------------------------
A PAZ COMEZA CUN SORRISO
Porque pensamos firmemente que recibir os nosos nenos e nenas cun sorriso é totalmente favorecedor para a súa educación, así facemosllo ver.


NADAL
Durante o Nadal a biblioteca seleccionou unha serie de contos relacionados coa temática de estas datas para que os nosos lectores e lectoras os puideran disfrutar tanto no propio cole como na casa.

Tamén contamos con unha visita moi especial, a do mismísimo Pai Natal. Con moito cariño recolleu as nosas cartas cheas de ilusións. 
Grazas por visitarnos!!!



SEMANA DA CIENCIA
Durante a semana do 9 ao 22 de novembro sumámonos á celebración da Semana da Ciencia co obxectivo de achegar a ciencia a todo alumnado do colexio, participando en pequenos experimentos  e desfrutando de lecturas científicas.



-----------------------------------------------------------
QUE MEDO!!!!!
Como moito medo queriamos pasar todos estes libros na biblioteca podíamos atopar.


--------------------------------------------------------BIBLIOFAMILY





Ola familias!! queremos compartir con vós un recuncho da nosa biblioteca, para que tamén desfrutedes dos bos momentos que nos ofrecen sempre os libros. Poñemos en marcha este pequeno espazo de préstamo onde vós seredes os protagonistas. Podedes colaborar co recuncho deixando libros para intercambiar con outros pais e nais. Agardamos que desfrutedes de esta nova actividade!!

-------------------------------------------------------------
BIBLIOPATIO



Dende o mes de xaneiro podemos desfrutar da lectura tamén no momento de patio. As nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria son os encargados de xestionar o préstamo de libros, contos e revistas durante o tempo de recreo, e os demáis rapaces e rapazas poden pasalo moi ben deste xeito.



-------------------------------------------------------------

ESPAZO DE NOVIDADES DA BIBLIOTECA


Este ano decidimos "abrir" á biblioteca e chegar a espazos distintos do colexio... así podemos contar con novos lugares nos que desfrutar da lectura. Un deste espazos está no corredor do primeiro piso e nel se sitúan as novas adquisicións de fondos da biblioteca, para que todas e todos podamos coñecelas.



-------------------------------------------------------------
GRAN INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA!!!!



O día 23 de outubro foi un día moi especial para todas as rapazas e rapaces do colexio, xa que foi a inauguración oficial da biblioteca para o curso 2015-2016. Fixemos un gran mural todos xuntos "O importante na biblioteca somos nós", desfrutamos da lectura de contos e cada grupo levou a súa mochila viaxeira para clase.... Foi un día estupendo!!! e agora seguirán moitos días máis de bos momentos na biblio!!



------------------------------------------------------------
REDECORACIÓN DA BIBLIOTECA


Para darlle un ambiente máis desenfadado, este ano, o Equipo de Biblioteca, decidimos redecorar o recuncho de lectura informal. Quitamos as nosas cortiniñas e uns grafiteiros, ensináronnos a súa arte creando esta marabilla. Mirade que chulo quedou!!!






A lectura na etapa escolar é sumamente importante e a biblioteca cumpre unha especial labor no proceso de ensino-aprendizaxe, xa que exerce unha influencia moi positiva sobre o logro académico nos estudantes. As bibliotecas serven para propiciar, favorecer e estimular a lectura, e ofrecen tanto aos mestres como ao alumnado recursos dixitais, electrónicos e impresos que favorecen a práctica educativa.

As bibliotecas deben ofrecer máis que libros, deben ser un lugar de reunión onde os nenos poidan explorar e debatir ideas. O claustro do Sta. Mariña queremos cambiar o pensamento de "biblioteca como lugar aburrido onde se vai só a ler libros de maneira obrigada", cara unha ideoloxía baseada nunha biblioteca dentro da sociedade do coñecemento integrando, as novas tecnoloxías, onde se de a facilidade para a utilización de recursos informáticos e se ofreza unha colección de materiais académicos, literatura e recursos que incentiven a lectura, a creatividade e a colaboración entre o alumnado e o profesorado.

Esta é unha tarefa que non se pode realizar dun día para outro, senón que deberá desenvolverse ao longo dos vindeiros cursos académicos. Deste xeito, gustaríanos compartir con todos vós, alumnos, pais de alumnos e demais amigos de CEIP Sta. Mariña, as diferentes tarefas que se están a desenvolver ao longo do curso para poder acadar a meta anteriormente citada.

A nosa biblioteca está composta por unha colección e un mobiliario obsoleto e nalgúns casos, en malas condicións. Polo que o primeiro que fixemos, foi intentar mellorar o mobiliario e facer un expurgo de todos aqueles materiais e libros que non podían ter cabida nunha biblioteca escolar onde se camiñase cara as alfabetizacións múltiples.


O expurgo levóuse a cabo no mes de decembro, xa que se fixo dentro do programa "Un quilo un libro". Este consistía en que os nenos ou ou seus familiares intercambiarían comida non perecedeira polos libros expurgados da nosa biblioteca. Deste xeitos, os nenos concienciábanse das dificultades que algunhas familias teñen para chegar ao fin de mes ou para cerebrar o Nadal. Todos os alimentos recollidos foren levados ao "Banco de Alimentos" de Vigo.



Os nosos axudantes de biblioteca (o alumnado de 6º)tiveron un papel moi importante na hora de renovar a biblio. Decidiron escoller e realizar debuxos grandes para decorar as paredes baleiras.


E mirade os resultados!!!!!





O seguinte paso foi elaborar un gran mural onde se recollían todas as normas da biblioteca. Para realizar esta tarefa, tamén contamos cos alumnos do noso cole. Cada un deles puxo unha pingueira...





O equipo de biblioteca decidimos crear un recanto íntimo e privado para a lectura informal. Deseñámolo elaborando unhas cortiniñas feitas con círculos de papeis de cores. O resultado foi estupendo xa que a todos os nenos vólvense tolos para ir ler alí!!





------------------------------------------------------------
RECANTO CIENTÍFICO

No mes de novembro, co motivo do mes das Ciencias na biblioteca, cofeccionamos un recanto científico onde o alumnado e profesorado pode empregar unha serie de materiais previamente escollidos e un ficheiro onde se recollen fichas explicativas sobre experimentos científicos sinxelos e clasificados por idades.




NOME DO EXPERIMENTO: Colorear verduras con distintas cores


OBXECTIVOS:

1. Demostrar como se realiza o transporte de auga e nutrientes nas plantas a través do xilema.

2. Espertar a curiosidade científica.

3. Desenvolver a capacidade de observación e unha actitude positiva cara a ciencia.



MATERIAIS:

1. Dous recipientes de vidro transparente ou plástico

2. Auga.

3. Follas grandes de leituga ou verza.

4. Colorante de repostería.



PROCEDEMENTO A SEGUIR:

1. Coller as follas de verza ou leituga e cortalas pola metade.

2. Coller os dous recipientes e colocalos xuntos.

3. Engadir unhas gotas de colorante de diferente cor en cada recipiente.

4. Agregar a auga aos recipientes para encher sobre 1,5cm de profundidade.

5. Esperar sobre 8 horas e ver o resultado.


CONCLUSIÓNS:
As plantas usan pequenos tubos para transportar a auga dende onde a teñen (o chan, polo xeral) ata onde a necesitan (nas follas).
Estes tubos chámanse xilemas. Cando pomos a parte inferior do tallo cortado en auga tinguida, a folla continúa respirando e distribuíndo a auga por toda ela. Ao percorrer a folla, os xilemas absorben a cor e expándense formando redes.

-------------------------------------------------------------
FORMACIÓN DO PROFESORADO


O día 10 de febreiro fíxose a primeira xuntanza para á formación do profesorado do centro. A obxectivo principal era que todo o profesorado poidese coñecer as normas de funcionamento da nosa biblio así como o emprego do programa de xestión dos catálogos da biblioteca (Programa MEIGA).

Grazas ás recomendacións que nos fixo Mónica (Coordinadora de bibliotecas do CEFORE de Vigo), decidimos levar a cabo unha modificación máis radical de toda a biblioteca, e voltamos aos orixes...

Volvéuse realizar otro gran expurgo. Todos aqueles libros que eran anteriores ao ano 1990, que estaban en malas condicións ou que contiñan información equívoca ou obsoleta, foron dados de baixa do noso catálogo. A intención é poder contar cunha biblioteca dinámica, digna e actual.

Ademais, fíxose unha reestructuración do espazo, obtendo os seguintes recantos:



1. O recanto de libros divulgativos.

2. O recanto de libros de narrativa e fantasía.






3. O recanto de lectura informal, onde podedes ver os bancos tan chulos que o noso conserxe Moncho deseñou e fabricou para nós.









4. O recanto de traballo individual/grupal.

5. O recanto de informática, onde poderedes realizar buscas en Internet ou escribir algún traballiño...



6. O recanto de xestión.



7. O recanto de exposicións temporais/permanentes.

8. O recanto dos cómics.

9. O recanto dos nosos libros.

10. O recanto de audiovisuais.

                                            

Despois de sopesar os pros e contras co claustro, decidíuse organizar a narrativa por orde alfabético. Para iso, primeiro dividíronse os libros en catro grandes grupos:


1. Infantil.
2. Pre-lectores.
3. Primeiros lectores.
4. Lectores autónomos.

Na educación infantil, a súa vez, establecéronse tres grandes bloques:

A) Para ler nós sós.
B) Para que nos conten.
C) O mundo que nos arrodea.

Na educación primaria, seguíuse unha ordenación do catálogo respondendo aos seguintes criterios:

1. Ordenación alfabética (polo primeiro apelido do autor).
2. Ordenación alfabética dos títulos das obras de cada autor.

O resultado foi unha mellor organización da biblioteca que se está a observar á hora do uso e desfrute dos nosos nenos.

Estas semanas estamos desenvolvendo e pasando a cada curso, unha enquisa sobre hábitos lectores. Deste xeito, saberemos cal son os puntos máis fortes e frouxos d@s nen@s e por onde deberemos seguir para que a biblio sexa un lugar de coñecemento e diversión. A continuación, déixovos a enquisa que estamos a facer: