Para nais e pais


ESCOLA DE PAIS E NAIS CURSO 2018-2019


6º. EDUCAR NAS EMOCIONS






5º. COMUNICACIÓN EFICAZ








4º. VISIÓN E APRENDIZAXE


3º. SESIÓN  DE IOGA





2º . A XESTIÓNS DAS EMOCIÓNS





1º . DESAFÍOS DA FAMILIA NO SECULO XXI


RELATORA: ROSA MONTENEGRO
Pedagoga e coach
martes 23 de setembro 
biblioteca do centro




ESCOLA DE PAIS E NAIS CURSO 2017-2018



3º  SER COMUNICADORES
(Obradoiro de animación á lectura e contacontos)

LEONOR RODRIGUEZ CASTRO, Ilusionista.

Obxectivos:



-Axudar aos asistentes na tarea de contacontos.
-Estratexias para facilitar a atención nos contacontos.
-Escoller libros adaptados ás idades, temas de interese,...



A relatora soubo combinar a parte teórica na tarefa de contar contos( modulación da voz, tono no conto, movementos no espazo,...) con trucos de maxia e posta en escea motivante e atractiva. Foi do agrado de todos/as cara a lectura non só persoal senon tamén dos seus fillos/as.




2º  EDUCAR NO ESFORZO 

LÚA BAÑOS CASTRO  , psicóloga.

Obxectivos:


- Facer fincapé no importancia de actos que favorecen o crecemento persoal.













1º  XESTIONANDO FILLOS 

CRISTINA MEJIA  , Coach familiar

Obxectivos:


- Percatarse da importancia dunhas normas que estén entendidas e consensuadas.
- Determinar as consecuencias do imcumprimento das normas.

-Anticiparse ante situacións que denotan un posible mal comportamento consensuando compromisos.



A relatora soubo manter a nosa atención cando meteu nun bote de cristal pedras de distintos tamaños que representaban a importancia do que temos que resolver na nosa vida .
























ESCOLA DE PAIS E NAIS CURSO 2016-2017


4º  ACOSO ESCOLAR E REDES SOCIAIS (31/3/17)  
Beatriz Cadal, psicóloga del Gabinete Entropía.
Obxectivos:
- Diferenciar bulling de mobbing.
- Constatar sinais de acoso.
-Determinar o protocolo a seguir para a súa prevención.
-Usar adecuadamente as novas tecnoloxías:supervisión e conversas cos fillos,...

   A relatora partíu da visionado dun video de youtube titulado " Ser valentes". Recalcou que máis que centrarnos no provocador e no posible victima, hoxe se incide tamén nos observadores do feito, para que sean quen de denunciar e impedir estas actitudes.
    Recalcou o que poden facer os compañeiros e os pais ante as sinais de acoso e qué hai detrás dun comportamento acosador.
   Rematou falando do ciberbulling: en que consiste, que facer, medidas a tomar e prevenir.
    Foi unha sesión do agrado de todas as familias e mestras asistentes a actividade.



3º  XESTIONANDO FILLOS/AS (26/1/17)
María Rodriguez y Mercedes Rodriguez , psicólogas del Gabinete A,B,C Children

Obxectivos:
- Percatarse da importancia dunhas normas que estén entendidas e consensuadas.
- Determinar as consecuencias do imcumprimento das normas.

-Anticiparse ante situacións que denotan un posible mal comportamento consensuando compromisos.

    A sesión comenzou cunha presentación do novedoso do gabinete onde traballan . Asisten as casas para observar o comportamento das familias ante os casos de malos comportamentos e conductas inadecuadas, asesorando sobre a actuación máis idonea para cada caso.
  O relatorio tivo como base unha presentación en power point onde con casos concretos as ponentes fixeronnos ver a importancia de ter unhas normas a vista, de non repetir as cousas, de atenerse as consecuencias do imcumprimentos das mesmas , de non ceder e anticiparse ante situacións máis incontrolables( festas, cumpreanos, saídas...) .
    A sesión estivo moi interesante e foi do agrado de todos/as. Moitisimas gracias.



1º A SUPERPATERNIDADE  ( 28/10/16)
 Lúa Baños Castro , psicóloga


Obxectivos:
- Recoñocer a  superpaternidade.
- Manifestacións da mesma.
-Actitude ante os fillos/as.

    A relatora tendo como base unha presentación en power point, nos fixo ver as manifestacións que ten a superpaternidade, a falta de autoridade que supón e a excesiva preocupación polos fillos o que leva a unha situación na que os pais están ao servicio dos
mesmos.
    Pasou un test aos pais e nais e rematamos con preguntas xurdidas sobre o tema.


 








ESCOLA DE PAIS E NAIS CURSO 2015-2016

6º. A nosa biblioteca. (27/5/16)
Barciela Doural, Alex
Blanco Villar; Alejandro
Costal García, Karla
Franco Cruz, Candela
López López, Sara
López Peduto, Martín
Martínez Lago, Alba
Nogueira Pan, Lorenzo

Obxectivos
- Achegar a biblioteca as familias
- Valorar a biblioteca como fonte de recursos

Os nenos e nenas de 6º de educación primaria como axudantes de biblioteca fixeron unha exposición oral, seguindo unha exposición de power point, 
para explicarlle as familias como era a nosa biblioteca e todo o que  podía a aportar tanto ao traballo do alumnado como as familias.
Despois dun curso tendo aberta a biblioteca polas tardes e feita a valoración do uso da mesma polas familias acordouse que tiñamos que acercar a biblioteca as familias. A forma máis acertada parecíanos que foran os axudantes de biblioteca a prol do seu traballo.




5º. Eu falo, ti falas…Comunicamonos? ( 8/4/16)
 Lúa Baños Castro , psicóloga.


Obxectivos:
- Comprender que é a comunicación e actuar como modelo para os nosos fillos.
- Entender que a comunicación se trata dun adestramento progresivo.
- Analizar e facer bo uso dos estilos comunicativos
- Entender e poñer en práctica os elementos facilitadores da comunicación

A relatora seguindo unha presentación en power point sobre Comunicación asertiva explico que dificulta e facilita a relación cos demais.
  Animo a intervir incitando as preguntas sobre dificultades na relacións interpersoais.
Acabo a sesión expondo unha serie de preguntas sobre a nosa actuación ante situacións do seguinte tipo dando a oportunidade de responder desde o punto de vista  pasivo, agresivo e asertivo.



4º Marcando límites ( 26/2/2016) Sesión dirixida por Dagmar Gabriela Nedelcu,doctora en Psicoloxia Evolutiva e Educación.


Obxectivo: 
-Ofrecer aos pais un espazo onde compartir preocupacións e experiencias relacionadas coa elaboración e o cumprimento das normas de casa.

   Partindo dunha presentación en power point sobre as expectativas que temos os pais en relación cos nosos fillos en casa, o colexio e no trato cos demais para observar a conduta dos nosos fillos.


Despois de presentar un caso dun neno con problema de desobediencia e recoller información da súa conduta ensinounos a analizar as condutas tendo en conta os antecedentes, descrición da conduta e consecuencias das mesmas.

3º Celos. Rabietas. Solucións ( 29/ 1/2016 )    Lúa Baños Castro , psicóloga.
 
Obxectivos:

-Comprender a causa da mala conduta e establecer unha dinámica positiva a través do establecemento de límites e normas.
-Facernos responsables da dinámica negativa e tomar as rendas.
-Establecer uns obxectivos realistas e esforzarse para logralos.
-Coñecer que temos nas nosas mans a posibilidade de cambiar poñendo en funcionamento o noso sentido común.


Importancia de non repetir as indicacións. Unha soa vez e despois consecuencias lóxicas ao incumprimento. Visionado dun video de Superpais sobre as rabietas.


2º Que tipo de nai e pai son?( 27/11/2015) Sesión dirixida por Ana Bastos 


Obxectivos:
-Coñecer as distintas características de pais: permisivo, protector, autoritario, asertivo.
-Comentar experiencias e actuacións na nosa vida familiar. 

Coa forma de exposición sobre o tema, con preguntas , os pais sentiron motivados para intervir. O que deu pé a unha sesión animada e esclarecedora tanto dos sentimentos, temores como dos seus logros na educación dos seus fillos.



1º Educar con humor ( 28/10/2015) Sesión dirixida por  Margarita Castro licenciada en Historia e mestra de educación Primaria.
  
Obxectivos:
 -Que os pais convertan as dificultades na educación dos seus fillos en oportunidades de estar con eles mantendo o sentido do humor. 

-Aprender técnicas que nos sirvan para poñer en práctica no día a día .


    Iniciouse a actividade co visionado dun fragmento dun vídeo: ¿Educar é comunicar con humor? de Carles Capvila incidindo nos pais que se fixasen en determinados aspectos para comentalos e debatelos.




A idea este curso é facer 7 sesión de unha hora e media, onde persoas con preparación especifica axudarannos a descubrir as estratexias que facilitaran o noso labor como pais.
 Nace coa idea de alentar e estimular aos pais na formación e educación dos seus fillos/as. Iniciouse o curso pasado, e vindo o interese e participación estimularon a súa continuidade.
   Estas sesións terán lugar un venres ao mes, ás 9 da mañan e serán divulgadas a través dun folleto enviado a través do tockapp, aplicación con acceso aos moviles dos pais para recibir información.

   A metodoloxía empregada é participativa, tendo como inicio un fragmento de video, unha presentación en power point, unha serie de condutas a comentar... para chegar a unhas conclusións.



ESCOLA DE PAIS curso 2014-2015


A escola para pais é un movemento que xurde desde as necesidades dos pais e nais e está dirixido xustamente a eles.
É un lugar de sostén, apoio ou axuda para pais e nais que poidan reflexionar sobre as dificultades inherentes á tarefa de ser pais. A toma de conciencia das limitacións, así como os recursos dispoñibles, lles permite elaborar, resolver ou modificar os aspectos conflitivos desa tarefa.
Entre as funcións da escola para pais, destacamos a de reunir e profundizar os coñecementos que fundamenten as súas aprendizaxes, así como ofrecerlles a axuda que requiren. Os obxectivos son:

1. Informar aos pais.

2. Formar: brindar axuda persoal e unha acción sobre o carácter dos pais.

3. Colaborar na mellora das relacións sociais.

4. Formar aos educadores de pais.

Ao brindar información aos pais, preténdese modificar o comportamente que lle causa algunha reacción desgastante.

No noso centro estamos levando a cabo unha serie de reunións entre os pais e nais que así o desexen e un grupo especializado de profesionais que axudarán e guiarán á hora de solventar problemas ou situacións non desexadas. Ademais, é un momento de encontro e reunión, para por en común aquelas dúbidas ou inquedanzas que nos asaltan á hora de educar aos nosos fillos.

A continuación deixámovos algunhas das directrices que os relatores foron ofrecendo:



TÉCNICAS DE ESTUDO

As técnicas de estudo (T.d.E.) susténtanse sobre catro pilares:
1ºPLANIFICACIÓN
2ºCONCENTRACIÓN
3ºCOMPRENSIÓN
4ºTÉCNICAS OU FERRAMENTAS PARA PROCESAR E FIXAR A APRENDIZAXE.

10 PASOS PARA OPTIMIZAR O ESTUDO
"Non se trata de estudar máis, senón estudar mellor".
1º CREAR O ESPAZO AXEITADO.
2º FACILITAR A CONCENTRACIÓN: eliminar estímulos externos.
3º ENSINARLLES A PLANIFICARSE: horario/axenda...
4º ATENCIÓN AOS APUNTOS: anotar as ideas principais para que se digan en clase, tamén datos concretos que haxa que memorizar. OLLO COS TÍTULOS!
5º AXUDARLLE A FACER LECTURA COMPRENSIVA: diccionario a man, subliñar, autoavaliarse en voz alta ou preguntarlle o estudado.
6º ENSINARLLE A SUBLIÑAR: destacando só as ideas principais axuda a sintetizar e resumir.
7º DESCUBRIRLLE OS ESQUEMAS E MAPAS CONCEPTUAIS: facilitan e axudan a PROCESAR, COMPRENDER E MEMORIZAR.
8º SE APRENDE A FACER RESÚMENES: logrará:
- Ordear idear.
- Sintetizar ideas.
- Expresar ideas.
9º AXÚDALLE A EXERCITAR A MEMORIA:
- Pregúntalle por listas de amigos, compañeiros, mestres, familiares...
- Nomes de programas da tv que lle gusten...
- Nomes de xoguetes preferidos...
- Nomes de comidas favoritas...
- Pequenos pareados, coplillas, cancións, poemas,...
10º EXAMEN:
Ante un examen, se pode, que lle pregunte ao mestre que tipo de preguntas vai facer: test, redactar,...
- Non estudar á última hora.
- Ler as preguntas con calma e contestar primeiro ás que sabe.
- Se ten algunha dúbida, preguntarlla ao mestre.