E O NOSO MUSEO DO SÉCULO XX COBROU VIDA...!!!!

Xa está aquí o resultado de todo un curso académico traballando as "Novas do século XX". Catro foron os nosos pavillóns: o Científico-tecnolóxico-medioambienta., o Deportivo, o Musical e o Artísitco-literario. O resultado é de 10....!!!



5 DE XUÑO DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Con  motivo da celebración do Día do Medio Ambiente, no cole, e dentro do noso PDI anual "Novas do século XX", traballamos e informámonos sobre a contaminación e as consecuencias do avance no noso medio ambiente. Pero como non queriamos quedarnos cun mal sabor de boca, tamén quixemos  por o noso graniño de area contribuindo a mellorar a contorna do noso centro, coa plantación de dúas árbores. Mirade que cousas tan interesantes descubrimos e que ben plantamos!!!



29 Maio 2018

Un ano máis recibimos o alumnado do IES Carlos Casares de Vigo. Este ano prepararon para as nenas e nenos de E.I. uns contacontos baseados na obra de María Victoria Moreno e tamén contaron a historia de Martin Codax e o pergamiño Vindel. Para o alumnado de 1ª e 2º de E.P. unha proposta moi divertida xa que tiñan preparados uns xogos sobre a vida e obra da escritora homenaxeada. Pásamolo moi ben e ademáis puidemos saudar os nosos antigos compañeir@s, xa que é o noso centro adscrito.
Moitas Grazas e ata pronto!!


Letras Galegas 2018

Este ano, todo o alumnado do colexio colaboramos na elaboración dun quebracabezas con cubos que tiñamos que xirar para compoñer a figura de María Victoria Moreno, a súa biografía, algúns fragmentos da súa obra e tamén as portadas dalgúns dos seus libros. O pasado venres 25 de maio, xuntámonos no patio para coñecer a súa vida e obra e tamén para bailar a canción "Meu o mundo é" de Paco Nogueiras.

   

QUE FIXEMOS NA BIBLIOTECA...?

Neste enlace podedes ver como empregaron a biblioteca o alumnado do noso centro ao londo deste curso...


24 Maio 2018

Exposición de arte

Durante o mes de maio estamos desfrutando no colexio dunha estupenda exposición de arte. Os compañeiros e compañeiras do CEIP Chans-Bembrive prepararon coas súas mestras unha selección de obras de pintura, cun dossier con información sobre elas, e códigos qr para ampliar coñecementos.
A coordinadora da nosa biblioteca fixo unha pequena selección dos libros de arte da nosa biblioteca para acompañar a esta exposición.

Ademáis de desfrutar delas cando pasamos polo corredor para ir á biblioteca, inglés, ás aulas,... tamén adicamos ás horas de ler para visitar este pequeno museo.


Graciñas aos rapaces e rapazas do CEIP Chans-Bembrive polo seu traballo e xenerosidade!!!