Proxecto Anual: "Pingas de Arte"








----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


Neste curso,  disfrazámonos de emoticonas, cada nen@ decidiu cal sería a emoticona do seu disfrace. O alumnado de 5º de E.P. plasmou neste traballiño o por qué da súa elección.




--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Durante o mes de febreiro traballamos a emoción  do AMOR. O alumnado de E.I., en colaboración coas súas familias, achegaron ao cole un corazón cunha frase sobre o amor. Con todos eles fixemos este mural:

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

RESUMO DE ACTIVIDADES SOBRE O MEDO.  NOVEMBRO 2019

Preme na imaxe para acceder á presentación

O alumnao de 2º de E.P. dirixidos polo mestre Luis, prepararon este vídeo baseado nun texto de Mª Victoria Moreno no que fala do medo

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
As nenas e nenos de 3 anos xa coñecen "o monstro de cores". Este monstro non sabe que lle pasa. Enleouse coas emocións e ágora ten que desfacer a embrolla.  Unha historia sinxela e divertida que introducirá aos cativos/as e maiores na linguaxe das emocións.


Agora contan con este emociómetro no que todos os días indican como se sinten.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
O alumnado de 6º de E.P. realizou estas fermosas composicións. Distintas cores, distintas sensacións/emocións.

 
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
As nenas e nenos de 5 anos seguen traballando coas emocións. A semana pasada plasmaron as emocións nestas fermosas árbores.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Durante este curso para traballar as emocións en E.I. empregaremos tres contos coas súas mascotas.
En tres anos "Adiviña canto te quero". Este precioso conto ensínanos dun xeito sinxelo e terno que o amor é algo tan tan grande que non se pode medir.
En catro anos "El koala que pudo".  Kevin é koala ó que lle gusta que todo permaneza sempre igual.  Pero un día acontece algo inesperado e Kevin descubre que a vida pode levarte a situacións novas e marabillosas.
En cinco anos "Si yo tuviera una púa".Pepincho é un simpático ourizo que non se atreve a decir que NON a nada por medo a non ter amigos. Vai dando as súas púas a todos os animais que llas piden, sen darse conta de que as súas púas son indispenasables para el.



--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


Actividades do PLAN PROXECTA vinculadas á PDI SEMENTANDO SAÚDE



---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------



--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Actividades desenvolvidas durante o primeiro trimestre 

Durante este primeiro trimestre do curso desenvolvimos moitas actividades no colexio. Os equipos de Dinamización da Biblioteca Escolar, de Dinamización e Normalización Lingüística e de TICS ofreceron ao claustro de mestres distintas actividades para desenvolver nas aulas ou favorecer a participación das familias nas actividades escolares.
Accederedes a algunhas das actividades que realizamos premendo na seguinte imaxe:


--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Novembro, MES DA CIENCIA EN GALEGO. 



-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

16 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN.
INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DO COLEXIO, COMEZO DAS ACTIVIDADES DA PDI











--------------------------------------------------------------------------------------------------------



---------------------------------------------------------------------------------

AS NOVAS DO SÉCULO XX

Xa estamos rematando o curso, uns meses de moito traballo, xogos, aprendizaxe,... nos que coñecimos os personaxes e feitos máis importantes do século XX. 
Aquí queda un resumo de todas as nosas experiencias.




O POLYCOMMANDER
As nenas e nenos do grupo de 5 anos estivemos coñecendo a historia do Polycommander, un desastre ecolóxico terrible que sucedeu nas costas das Illas Cíes o 5 de maio de 1970. 

MULLERES PIONEIRAS DO DEPORTE GALEGO NO SÉCULO XX

Estivemos a realizar unha labor de investigación sobre as mulleres deportistas galegas do século XX. Indagamos sobre aquelas que foron importantes na súa disciplina, xa que a súa aportación ao deporte marcou un antes e un despois do papel da muller dentro dese deporte. Así poidemos confeccionar a seguinte presentación...



POR QUE ALGÚNS EQUIPOS CHÁMANSE "REAL" E OUTROS NON?
Seguindo co traballo de investigación relacionado co noso proxecto anual, "Novas do século XX", os nenos e nenas de 5º investigaron por que algúns equipos españois levan a palabra "Real" e outros non. Mirade que intereseantes son os resultados da busca....


--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
A ESCOLA DOS NOSOS AVÓS

E seguimos traballando o PDI "Novas do Século XX", aquí poderedes ver como os nosos nenos aprenderon coa visita á exposición "A aula do pasado", onde algúns avós e avoas explicaron como era a súa escola e que tiñan para poder traballar.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

APRENDEMOS OS PAÍSES DA UNIÓN EUROPEA CON EUROVISIÓN

Unha vez máis, e para traballar o noso PDI "Novas de século XX", ao noso profe Fernando, ocurríuselle a idea de traballar a historia de Eurovisión (o festival creóuse como escaparate da música europea para o mundo en 1956, e tamén pretendía ser unha demostración dos avances tecnolóxicos que permitían unha retransmisión internacional en directo) e ao mesmo tempo aprender os países de Unión Europea. O resultado, comprovadeo no seguinte vídeo...

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

EXPERIMENTO SOBRE A  PRESIÓN ATMOSFÉRICA

Os nosos rapaces están feitos uns científicos, mirada que ben explican estes compis a presión atmosférica...

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

TRABALLANDO O MONUMENTO Á PAZ DA CIDADE DE HIROSHIMA

Os rapaces e rapazas de 5º conmemoraron o Día da Paz e a non Violencia cunha exposición sobre unha maqueta do Parque da Paz de Hiroshima. Mirade que ben o explican...


TRABALLAMOS OS GRANDES ARTISTAS DO SÉCULO XX

Dentro do noso PDI anual, "Novas do século XX", estamos a investigar sobre grandes artistas do século XX que crearon obras para conmemorar a paz. Así, chegamos ata Juan Genovés coa súa obra "El abrazo". Esta obra podédela atopar no Museo Reina Sofía ou tamén poderedes ver unha reinterpretación en escultura que leva por nome "Monumento a los abogados de Atocha".



 Os nosos nenos e nenas de 3º fixeron a súa interpretación fotográfica e mirade que ben saíu...

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

XOGOS POPULARES DO SÉCULO XX
Con motivo do día da Paz, no cole investigamos sobre os xogos populares ós que xogaban os nosos avós e avoas. nesta presentación podedes ver o resultado:


--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Premendo na imaxe podedes ver o gran traballo que fixeron as nenas e nenos de 5 anos identificando as emocións nos diferentes cadros de Pablo Picasso.


--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Venres, 8 de febreiro

As nenas e nenos de Educación Infantil estamos coñecendo a Picasso, e no Entroido trouxemos boina, camiseta de raias, pincel e na clase fixemos un mandil.... como nos parecemos o noso querido pintor!!!!!!! Ademáis cada grupo fixo unha reproducción dunha das súas obras de arte, e quedaron preciosas!!!


--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
As nenas e nenos de 4 anos fixeron un lapbook (libro de pestanas) sobre Picasso. As actividades que aparecen son un resumo de todo o aprendido sobre este gran pintor. Premendo na imaxe, podedes velo.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Para festexar o Nadal, fixemos entre todos unha árbore coas "ESTRELAS DO S.XX", aqueles homes e mulleres que destacaron en deportes, investigación, pintura, ciencia,... durante este século. Cada grupo escolleu en clase o seu personaxe, e fixemos pequenos proxectos de investigación sobre eles.



--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Luns 27,  de novembro
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Venres 24 de novembro

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

As nenas e nenos de Educación Infantil coñecimos esta semana a tres mulleres valerosas do Século XX: Frida Kalho, Malala Yousafzai e Sonita Alizadeh.... Mulleres valientes, que loitaron coas súas palabras contra as inxustizas, e as que todos e todas admiramos.




--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------



MUSEO 5 ANOS
Durante o mes de novembro, na clase de 5 anos estivemos traballando coas máquinas e electrodomésticos que foron cambiando e mellorando durante o século XX. Pero coa colaboración das familias, xuntámonos con moitísimas ferramentas, libros, útiles,... dos nosos bisavós, avoas, nais e pais. Traballamos xuntos para preparar unha exposción con todos eses materiais, e convidamos aos nosos compañeiros e compañeiras do colexio a visitala. 
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Na clase de 4 anos están investigando sobre un dos inventos máis importantes do século pasado: a cámara fotográfica. Ademáis de investigar cal foi a súa evolución, tamén fixeron unha exposición de fotografías realizadas por eles mesmos coa axuda das súas familias. Este foi o resultado:




------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xoves, 16 de novembro

Visitamos a "Aula do pasado".
Este curso o Proxecto Documental que propón a bibloteca é "As novas do Século XX". Así que os mais pequenos e pequenas do colexio imos a investigar sobre a música, os contos, os inventos,... do século pasado. E por iso participamos na exposición que organizou FOANPAS no Museo Verbum "A aula do pasado".

Coñecimos como eran as aulas na época dos nosos bisavós e bisavoas e avós e avoas, os instrumentos que usaban, os materiais que tiñan,... e ata algúns dos seus xogos.



NOVO CURSO, NOVAS AVENTURAS

Un ano máis damos comezo a un novo curso e para que vos poidades facer unha idea de sobre o que imos traballar, aquí vos deixamos unha poquena presentación para irnos facendo unha idea. Un, dous, tres,... Comezamos!!!!



--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

AI, conto popular de MARROCOS



As nenas e nenos de E.I. de 4 anos están facendo investigacións sobre Marrocos, e co gallo do Día do Libro coñeceron o conto "AI", unha historia que lles gustou moito e coa que aprenderon que "o malo sempre termina sendo víctima da súa propia maldade"

Fixeron unha adaptación da historia, con debuxos e textos feitos por tod@s.


--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

As rapazas e rapaces de 5º E.P. están investigando sobre SUDÁFRICA,  froito do seu traballo é o video que presentamos a continuación, no que para a súa elaboración contaron coa colaboración especial de Ana, nai de Essien.   Moitísimas Grazas!!



--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

As nenas  e nenos de 5 anos puideron disfrutar dunha visita moi especial. Gracias a nai de Fran, visitounos Lorenzo, un profesor da Universidade de Vigo que viviu un tempo na cidade de New York. Aproveitaron para facerlle moitas preguntas e así aprender máis cousas de esta gran cidade.

Moitísimas Grazas!!!


         

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

A receita proposta polas rapazas e rapaces de 5 anos, non podía ser outra que o "perrito caliente" o máis  típico de NEW  YORK!! 


      

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xa temos unha nova receita!! As nenas e os nenos de 4 anos despois de investigar para saber o que se comía en Marrocos, atoparon unha deliciosa receita de ARROZ CON LEITE. Puxéronse máns a obra e este foi o resultado...
                                   
                                  

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

As nenas e os nenos de tres anos xa buscaron unha receita típica africana: O UGALI, un pan co que os african@s acompañan as comidas. Neste video podedes ver que ven o pasaron cociñando e probando este receita.


--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nova pregunta da Xoaniña



------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os de 1º disfrazámonos co tradicional "Hanfu" e desfrutamos da festa do entroido...



--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Entroido este ano no colexio foi moi especial... xa que todas e todos desfilamos imitando o vestuario propio do país que estamos investigando. Pasámolo moi ben todos xuntos, primeiro preparando as nosas roupas e despois desfilando no ximnasio.


--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Os nenos e nenas de 3 anos xa responderon a pregunta da xoaniña sobre a vestimenta do país que estan a estudar, neste caso Tanzania. Neste vídeo podedes velos desfilando ben guap@s!!



--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nenos e nenas de 1º visitamos a exposición itinerante 

"TERRACOTA WARRIORS"



e cando chegamos ao colexio, fixemos os nosos "guerreiros ".



--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

A xoaniña Pregunta...


--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
A nosa aventura comeza.
Se queres descubrir  uns dos maravillosos lugares ao que viaxou a nosa xoaniña, 
preme na imaxe ...

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

A seguinte presentación seguro que vos axuda a responder á pregunta da xoaniña lectora. Ademáis o vindeiro luns 30 de xaneiro celebraremos no cole o "Día escolar da non violencia e a paz" e para tal ocasión teredes que mostrarnos como xogan os nen@s do país que estades a estudar. Premede na imaxe e ide practicando!!


   A continuación tedes un fichiña que teredes que cubrir coa información do voso xogo.


--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Comezamos o novo ano e o trimestre cunha nova pregunta da xoaniña. Anotade!! 


--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Despedimos o  primeiro trimestre desexándovos un bo nadal!! O seguinte video é unha pequena mostra dos traballos feitos durante estes meses.

  

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Atent@s!!  A xoaniña xa ten preparada a segunda pregunta sobre o país que estades a investigar.


--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Parabéns!!  Xa temos todas as repostas á primeira pregunta feita pola xoaniña.


--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

A  XOANIÑA  PREGUNTA


A xoaniña lectora, ao longo do curso, formulará preguntas sobre o lugar que estades estudando. Teredes que investigar para poder atopar a solución e plasmala no mapa mundi que está no corredor do primeiro andar.
Preparad@s, listos, xa!!



--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Viaxar e Ler


--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

FAUNA E FLORA
Dentro do noso proxecto Galicia Enteira estudamos a fauna e flora que nos arrodea, rematando cunha visita a Fundación Sales de Vigo, onde nos ensinaron moitas cousas sobre as plantas e o importante que é coidalas.



-------------------------------------------------------------
SEMENTEIRA
Os nenos e nenas de 2º plantaron na clase distintas sementes.



Despois sementámolo no patio, e a esperar que pasa!!!!

-----------------------------------------------------------
A IDADE MEDIA
Os nenos e nenas de 5º de primaria estudamos como de desenvolveu o período histórico da idade media en Galicia a partir dos diferentes grupos sociales.
fixose a partir de estructuras cooperativas, onde cada grupo estudou a cada estamento social e o explicou o resto a aula. 

---------------------------------------------------------
O NOSO RUEIRO
Ao longo de 2º trimestre os nenos e nenas de 1º de educación primaria elaboraron un mural clasificando os nomes das rúas de Cabral, barrio de en el que se atopa o colexio e onde viven a maioria das familias.
As categorías eran as seguintes:

  • Animais
  • Santoral
  • Localizacións
  • Vexetación
  • Varios

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
OS APARELLOS
Os pequenos e pequenas de 2º estudaron os distintos aparellos a través da historia. Coa colaboración das familias que aportaron distintos aparellos para estudalos ao larga da súa historia.



------------------------------------------------------------
AS IDADES DA HISTORIA
Os nenos e nenas de 3º fixemos un percorrido pola historia de Galicia a través do tempo, entre outras actividades levamos a cabo unha saída ao Museo do Mar en Vigo. 



Como tarefa final elaboramos un lapbook con todas as nosas conclusións.



-----------------------------------------------------------
OS CASTREXOS DO SANTA MARIÑA
Os peques do cole convertéronse en grandes castrexos e castrexas. Así a partir do hilo motivador de coñecer Os Castros da Cidade de Vigo coñecemos como vivían, como eran as súas costumes, cales eran os seus oficios...






----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

DÍA DA MULLER TRABALLADORA


O día 8 de marzo foi unha data especial no colexio, xa que festexamos o DÍA DA MULLER adicándollo a MULLERES GALEGAS IMPORTANTES. Cada un dos grupos investigou sobre unha muller relevante e o propio día fixemos unha exposición conxunta no ximnasio. Ademáis adicamos unha árbore do cole a cada unha destas mulleres e os máis maiores do cole puideron entrevistar a Romana San Luis, a primeira avogada que puido exercer na nosa cidade. Se queredes ver as fichas que elaboramos nas aulas, premede na fotografía.
-------------------------------------------------------------
ENTROIDO



Este curso para festexar o Entroido organizamos un desfile no que coñecíamos distintos momentos da nosa historia, Tivemos q
ue traballar xuntos nas aulas para conseguir uns traxes fantásticos, e o desfile foi unha viaxe no tempo espectacular!!!!



--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
OS BOMBEIROS
Os peques do cole decidiron coñecer mellor os bombeiros, profesión que lles pareceu moi interesante.

TODOS QUEREMOS SER BOMBEIROS E BOMBEIRAS!!!!!




-------------------------------------------------------------
 MARISCANDO POR VIGO
O alumnado de 5º e 6º de primaria achéganse a profesión do marisqueo da man da nai dun alumno de 6º de primaria, mariscadora na Ría de Vigo.


------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

A NOSA LOCALIDADE
Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria estudian a nosa localidade que ten como tarefa final facer unha "gimkana" polo Casco Vello da cidade de Vigo.
Os nenos e nenas repartironse por equipos heteroxéneos para levar a cabo un traballo cooperativo onde todos somos importantes.
Cada equipo tiña un mapa para ir marcando todo o que ían atopando que tiñan nas imáxenes laterais e que anteriormente foi estudado na aula.













----------------------------------------------------------
GALICIA ENTEIRA
O alumnado de 4º de primaria metémonos de cheo no estudo da nosa comunidade.
Clicade na imaxen para ver o noso traballo.