6 de febreiro: proposta de investigación sobre a milla

O equipo de dinamización da biblioteca  escolar fai unha proposta de investigación a todas as rapazas e rapaces do centro e aos seus mestres e mestras. Trátase de investigar polo miúdo sobre a actividade da "Milla diaria" que tanto estamos desfrutando no colexio, e que durante o mes de febreiro seguirá o seguinte calendario:

O equipo fixo unhas preguntas que cree que poden ser de interese para todos e todas, e deste xeito se organiza tamén o contido das investigacións e evítase a duplicidade de información. Agora, por grupos ou de forma individual, podemos facer investigacións e contestar as preguntiñas, e xuntos conseguiremos un estupendo dossier con información sobre a milla.