7 de febreiro: a xoaniña con Antonio García Teijeiro



A Xoaniña está moi nerviosa agardando a visita de Antonio García Teijeiro, e estivo traballando moito na biblioteca para poñela moi bonita: pintou nas ventás un poema de Antonio, preparou un recuncho de "Poéticas diversas" con libros de poesía en galego e castelán e, por suposto, cunha selección de obras do noso poeta convidado.


As nenas e nenos do colexio tamén traballaron moito ilustrando algúns poemas do autor, que decoran o corredor do primeiro andar.


E despois de tantos nervios e ilusións, chegou Antonio García Teijeiro ao noso colexio. Os pequenos e pequenas de infantil recibíronno nas súas aulas e os maiores estiveron con el na biblioteca. Que sorte tivemos de desfrutar coas súas poesías, de recitar os seus poemas, de coñecer cales son as súas palabras preferidas, de saber como foi a súa infancia e que é o que máis lle gusta facer,... Que agradable visita e canto aprendimos!!!!




GRAZAS POLA TÚA VISITA... CANTO NOS ENRIQUECEU A TODOS E TODAS QUE ESTIVERA CON NÓS!!!

E a partir do día 7 de febreiro comeza unha nova actividade creativa na biblioteca: todas as nenas e nenos (e mestras, mestres, pais, nais, avós, tías,...) están convidados a facer versións do poema "A lúa está cociñando" e escribilos nas lúas que hai pegadas nas ventás dos corredores.

Na semana da poesía do mes de marzo poderán lelas para todos e todas usando a megafonía do colexio... todas e todos a escribir e a desfrutar rimando!!!!