1 de febreiro: Saída á exposición Latexos.

As rapazas e rapaces de 3º e 4º de Primaria desfrutaron dunha saída o pasado venres 1 de febreiro. Desfrutaron da exposición Latexos na sede de Afundación e aproveitaron a saída para "sementar" un dos libros da nosa biblioteca.