16 de novembro de 2018. Sementando contos.

Unha das actividades que imos desenvolver durante este curso co gallo do proxecto SEMENTANDO SAÚDE vai a ser a de SEMENTANDO CONTOS.
Cada vez que un grupo faga unha saída levará un libro que "sementará" alí onde vaian. Agardamos que estes libros poidan así "medrar" fora do noso cole, cada vez que alguén os lea.
Dentro do libro deixamos unha notiña coa nosa direción de correo, para que as persoas que o desexen poidan facernos chegar a súa opinión sobre o libro ou a actividade.


Os primeiros en participar desta tarefa foron as nenas e nenos de Educación Infantil e 5° e 6° de Primaria, que "sementaron" dous libros polo monte de Cabral.


Agardamos que con esa sementeira literaria poidamos facer que moitas persoas desfruten coa lectura!!

Saúde para todos e todas!!!