15 de novembro de 2018. Masterclass de cociña moderna

O mércores 15 de novembro volveron a aparecer no noso colexio Maruxiña e Maribeliña. Xa non son dúas flores, medraron moi rápido e agora son unha piña e unha sandía.Pero estaban moi preocupadas, porque as mestras do colexio convidaran a un chef para que fixera unha "masterclass" de cociña moderna.
Todos os nenos e nenas do colexio protexeron a Maribeliña e Maruxiña, e desfrutaron da exhibición de cociña moderna que fixeron CARLOS e PABLO RODAL, do OTHILIO BAR. Fixeron biscoito co sifón e microondas en 40 segundos, un xeado de tomate sen conxelador (usando nitróxeno), e unha tarta da avoa con espuma de chocolate e de crema pasteleira...

Todo estaba delicioso e desfrutamos moitísimo da actividade!!!!
Grazas a Carlos e Pablo por colaborar con nós para que as rapazas e rapaces do colexio viviran unha experiencia gastronómica e científica tan estupenda!!!