21 de novembro de 2018. Exposicións temporais da bilbioteca.

Durante o mes de novembro temos organizadas dúas exposicións temporais na nosa biblioteca, vinculadas á nosa PDI "SEMENTANDO SAÚDE"  e a celebración do MES DA CIENCIA EN GALEGO.

No espazo de exposicións da biblioteca o equipo de dinamización preparou a exposición A QUÍMICA NA COCIÑA, con materiais prestados polo Centro de Formación de Recursos para o Profesorado de Vigo. Os libros desta disposición están á disposición dos usuarios da biblioteca no propio espazo da mesma e non se poderán levar en préstamo.



No recuncho do té, colacao e café do corredor está preparada a exposición A COCIÑA É CIENCIA, cunha selección de libros que forman parte do fondo da biblio sobre experimentos, cociña e alimentos. Tamén se poñen a disposición dos alumnado e profesorado dous dossieres elaborados polo equipo de dinamización: un recetario de cociña con propostas de experimentación (elaborado no curso actual) e unha selección de experimentos científicos sinxelos (elaborado no curso 2017/2018). Todos os materiais están a disposición dos usuarios da biblioteca e poderán realizarse préstamos individuais ou para as aulas que os soliciten.