29 Maio 2018

Un ano máis recibimos o alumnado do IES Carlos Casares de Vigo. Este ano prepararon para as nenas e nenos de E.I. uns contacontos baseados na obra de María Victoria Moreno e tamén contaron a historia de Martin Codax e o pergamiño Vindel. Para o alumnado de 1ª e 2º de E.P. unha proposta moi divertida xa que tiñan preparados uns xogos sobre a vida e obra da escritora homenaxeada. Pásamolo moi ben e ademáis puidemos saudar os nosos antigos compañeir@s, xa que é o noso centro adscrito.
Moitas Grazas e ata pronto!!