5 DE XUÑO DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Con  motivo da celebración do Día do Medio Ambiente, no cole, e dentro do noso PDI anual "Novas do século XX", traballamos e informámonos sobre a contaminación e as consecuencias do avance no noso medio ambiente. Pero como non queriamos quedarnos cun mal sabor de boca, tamén quixemos  por o noso graniño de area contribuindo a mellorar a contorna do noso centro, coa plantación de dúas árbores. Mirade que cousas tan interesantes descubrimos e que ben plantamos!!!