Letras Galegas 2018

Este ano, todo o alumnado do colexio colaboramos na elaboración dun quebracabezas con cubos que tiñamos que xirar para compoñer a figura de María Victoria Moreno, a súa biografía, algúns fragmentos da súa obra e tamén as portadas dalgúns dos seus libros. O pasado venres 25 de maio, xuntámonos no patio para coñecer a súa vida e obra e tamén para bailar a canción "Meu o mundo é" de Paco Nogueiras.