Festival das Letras Galegas.

Xa nos estamos achegando ao fin de curso e o día 1 de xuño fixemos o noso tradicional Festival, con actuacións do máis variado: representacións teatrais, números musicais, desfiles de moda,... Despois de moitos ensaios, o resultado foi estupendo!! e pasámolo ben!!!

Todas as actuacións foron excepcionais, pero as nenas e nenos de Educación Infantil e de 1º e 2º de Primaria fixeron unha homenaxe a Manuel María coas súas representacións.

Os máis pequenos do cole fixeron "A vaca Manuela"... Comezando co recitado de tres poemas de Manuel María (A pita choca, O galo e O meu burriño), seguimos coa representación do conto "A vaca que puxo un ovo" e o baile "A vaca marela".



E as rapazas e rapaces de 1º e 2º de Primaria fixeron unha preciosa representación do poema "O meu barco", coa música de Suso Vaamonde.