26 Outubro 2016

Comezamos!!

Como vai sendo costume, a biblioteca da xoaniña lectora, abre as súas portas coincidindo coa celebración do día das bibliotecas escolares, o 24 de outubro.

Este curso 2016/17 ven cheo de novidades. A nosa querida xoaniña andivo de viaxe por diferentes lugares do mundo. Fai algunhas semanas enviounos unhas cartas e postais nas que nos animaba a descubrir cales foron eses lugares e rincóns que visitou, e onde nos convocaba a cada clase, na biblioteca, para disfrutar dunha pequena Gymkana. Alí estivemos super puntuais, decididos a coñecer as aventuras da nosa xoaniña.

Este será o punto de partida para o Proxecto Documental Integrado deste curso: “Viaxar e ler”. Estades preparad@s? A viaxe xa comezou!! 

Aquí vos deixamos un vídeo que resume estos días tan emocionantes para tod@s!