CONTACONTOS "O MONSTRO DE CORES"


Un dos nosos contos preferidos nas nosas clases este curso é o Monstro de Cores... e o xoves 9 de xuño tivemos unha sesión de contacontos moi especial con ese libro. Un grupo de nais e pais do Ceip Frián visitounos para contar e representar a historia do Monstro e as súas emocións: música, títeres, maxia de cores,... unha marabillosa posta en escena feita con moitísimo cariño e que nos agradecemos un montón!!!!