Festexamos o Día das Letras Galegas.

Este curso o Día das Letras Galegas estivo adicado ao poeta Manuel María. Durante uns días nas aulas estivemos coñecendo os seus poemas e decidimos facer entre todos un libro cunha escolma dos que máis nos gustaron, para o que cada grupo tivo que escribilo e ilustralo.
http://issuu.com/ceipsantamarina/docs/libro_poemas_manuel_mar__a
(Facendo "clic" na imaxe poderedes ver os poemas preparados nas aulas)


O venres 20 de maio todas as rapazas e rapaces do colexio xuntámonos para compartir os nosos traballos sobre Manuel María.

Primeiro subimos á biblioteca, onde as nenas e nenos de 6º curso de Primaria expuseron unha presentación de diapositivas (preparadas por eles mesmos co programa Powerpoint) para que todos coñeceramos a biografía deste poeta.

E despois estivemos todos no ximnasio, onde recitamos os poemas que traballaramos na clase e bailamos todos xuntos as cancións de "O arco da vella" e "O caracol".