Comezamos o mes de abril desfrutando da lectura e da nosa horta: cada grupo de nenos e nenas desfrutará plantando e lendo contos na hora de ler. Así a nosa horta se completará con plantiñas aromáticas, plantas de froitos vermellos, berenxenas e flores.
 Deste xeito a nosa horta quedará moi fermosa!!
Polo distintos recantos do colexio apareceron as plantiñas que cada grupo debía plantar...
O mércores 3 de abril as nenas e nenos, acompañados do profesorado do centro, desfrutou dunha "Hora de ler" moi especial, xa que puideron plantar as novas plantiñas da horta e desfrutar da lectura dun libro seleccionado para esta data polo equipo de Biblioteca Escolar. 
Foi unha actividade moi agradable para todas e todos!!!
 



