O vindeiro xoves 4 de abril todo o profesorado do colexio e os familiares das nenas e nenos están convidados a asisitir a unha nova sesión da ESCOLA DE NAIS E PAIS. Esta sesión está organizada en colaboración co CEFORE de Vigo e contará como relatora con Raquel Pedrouso, que nos dará pautas para atender de forma axeitada as emocións dos pequenos e pequenas e favorecer o seu crecemento e autonomía persoal.
 
