27 de marzo: Visitamos Bambalina

Un dos obxectivos máis importantes que forma parte do PDI "Sementando Saúde" e crear hábitos de vida saudable. Así é que o pasado mércores 27 de marzo o alumnado de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria visitamos a Escola de Baile Bambalina. Desfrutamos dunha clase con Guedi, onde estiramos, practicamos pasos de baile e rematamos con varias coreografías. Porque o baile ademais de ser divertido é unha moi boa ferramenta para manternos sans.