29 de marzo: taller de cociña en 1º de primaria con Tamara, a nai de Aroa

O 29 de marzo as nenas e nenos de 1º de Primaria desfrutaron do seu taller de cociña coa colaboración da familia de Aroa Eiriz. A súa nai, Tamara, é cociñeira e contou coa axuda de Roni (o pai de Aroa) e Sabela (a irmá pequena de Aroa).
Fixeron xuntos uns ovos recheos que estaban boísimos e todas e todos o pasaron xenial traballando.... e comendo.




Grazas a Tamara, Roni e Sabela por facer un taller de cociña tan saudable e agradable para a rapazada de 1º de Primaria!!!