29 de xaneiro: Proxecto de investigación sobre a alimentación
As nenas e nenos de 5º de Primaria estiveron traballando sobre os alimentos. Para facer o seu proxecto comezaron identificando que era o que sabían, que querían investigar e cal era o material que ían utilizar.
E despois de buscar información e organizala, fixeron este vídeo para presentala e que todos poidamos desfrutar do que aprenderon, e aprender grazas a eles e elas.