O venres 25 de xaneiro as rapazas e rapaces de 5 anos adicáronse a limpar o horto: arrincaron herbas, sacaron pedriñas, limparon as follas caídas e moveron un pouco a terra cos rastrillos.
Fixeron un traballo estupendo e moi necesario, xa que agora o horto está moi ben preparado para que na vindeira semana poidamos sementar cenorias con todos os nenos e nenas de Educación Infantil.