13 de xaneiro: primeira sesión da milla diaria.

O xoves 10 de xaneiro realizamos a primeira sesión da MILLA DIARIA do ano. Comezamos facendo dúas voltas, aínda que algúns dos nenos e nenas maiores fixeron tres e catro e ata houbo quen fixo as seis voltas do percorrido (a milla).
O importante da actividade é que sexamos constantes na súa práctica para mellorar a nosa forma física e así consigamos sentirnos tamén mellor.
Todos os martes e xoves despois do patio compartiremos esta actividade tan estupenda, e no mes de febreiro poderemos comezar a aumentar as sesións.