13 de xaneiro: patios dinámicos

Co novo ano modificamos un pouco a organización dos xogos e agrupamentos dos patios dinámicos, atendendo ás demandas que fixeron os nenos e nenas. Esta vez os grupos estiveron formados polos rapaces e rapazas de cada clase, e algunhas nenas e nenos de 5º e 6º colaboraron como monitores nos xogos.



Unha nova oportunidade de desfrutar do tempo de lecer cos nosos amigos e amigas, de autorregularnos e controlarnos, de compatir e colaborar.... e de pasalo moi ben!!!