Despois realizamos votacións utilizando as redes sociais (facebook e instagram) e tamén os propios rapaces e rapazas decidiron cales eran as súas favoritas.
E o xoves 20 de decembro, ás 13.30, fixemos o reconto de votos... e coa seguinte imaxe interactiva podedes descubrir o resultado:
Na xornada de festa do venres 21 de decembro os grupos gañadores recibirán un agasallo, pero as felicitacións son para todos e todas, porque o esforzo e traballo que fixeron foi estupendo.
Parabéns para os nosos estupendos nenos e nenas!!!!
