20 de decembro de 2018: recordando á nosa árbore

No noso colexio, como en outros, están sempre sucedendo cambios... Novos amigos, novas aprendizaxes, novos xogos,... E o ano 2019 traerá novas experiencias enriquecedoras para nenos, nenas, mestras, familiares,...
Pero as despedidas son tamén importantes situacións de aprendizaxe, e dende o mes de novembro xa non está no colexio a nosa cryptomeria. Levaba no colexio casi corenta anos, e durante todo este tempo foi escusa para realizar aprendizaxes, debuxos, poesías, contos,... unha máis no noso día a día.
O seguinte vídeo quere rendirlle homenaxe...



Sigamos "Sementando saúde" e vendo crecer novas plantiñas (e amigos e amigas, e xogos, e contos,...) no colexio.