LINGORETAS, A XOANIÑA PREGUNTA...



O Departamento de Dinamización da Lingua Galega do cole xunto co de Biblioteca, estamos a desenvolver un concurso para saber cantas palabras galegas coñecen os nosos alumnos. Na entrada do colexio, poderedes atopar o Buzón Xoaniña, e sobre este, nun taboleiro, a palabra que tedes que saber que significa. Cando xa o saibades, deberedes escribir o significado (coas vosas palabras) nun papel xunto cos vosos datos. Os nen@s que máis palabras acerten, terán un pequeno agasallo... Veña, a ver quen é o máis lingoreta!!!!