23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO



Un ano máis o día do libro está aquí!!! No CEIP Santa Mariña, e dentro do proxecto de actualización e reorganización da biblioteca, imos levar a cabo un intercambio de libros por comida: UN QUILO, UN LIBRO.


Todos os libros que foron expurgados da nosa biblio poderán ser vosos se traedes comida NON PERECEDEIRA que será doada ao Banco de Alimentos de Vigo.

Ademais, e dentro do noso proxecto anual ("Álvarez a través dos lentes da escola")faremos xuntanzas nas que avós e avoas que traballaron en Álvarez contarannos como era o día a día na fábrica, que posto tiñan que desempeñar, que tipo de louza o cristalería facían... Toda unha experiencia na que se compartirán impresións e recordos!!!