Día de Rosalía

O pasado venres festexamos o día de Rosalía de Castro. Soubemos que Rosalía resplandece no firmamento porque xa é de forma oficial unha auténtica estrela. A candidatura da nosa escritora gañou o concurso para designar co seu nome a estrela coñecida noutro tempo como HD149143, situada na constelación de Ofiuco.
Dende o cole quixemos crear outras constelacións para que acompañen no firmamento a de Rosalía. Cada curso decorou unha constelación con diferentes verbas na nosa lingua. Este foi o resultado: