O pasado xoves 30 de xaneiro festexamos un día moi especial: o día escolar da paz e da non violencia. Xuntámonos tod@s no patio de Moncho e alí falamos do que significa este día. Despois cada clase, xunto coas mestr@s, aportou unha frase do decálogo da paz que quedou exposto na cortiza. Tamén cantamos a canción "Eu teño alguén" acompañándoa coa linguaxe de signos. Para rematar repartíronse as tarxetas na que cada nen@ explicaba o que significa un amig@.
 

