Este ano fomos uns dos centros seleccionados para incorporarnos ao programa "Educación Responsable".  Trátase dun programa para favorecer o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade que se desenvolve en colaboración coa Fundación Botín. Tamén promove a comunicación e mellora da convivencia nos centros docentes a partir do traballo co profesorado, co alumnado e coas familias.
Fai un tempiño recibimos estos contos que nos servirán para realizar algunhas das actividades do programa.
 
