DíA INTERNACIONAL DA NENA

O 19 de decembro de 2011, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Resolución 66/170 na que se declaraba o 11 de outubro como o Día Internacional da Nena, co obxectivo de recoñecer os dereitos das nenas e os problemas extraordinarios ós que as nenas se enfrentan en todo o mundo.

O equipo de Biblioteca xunto co equipo de Normalización quixemos festexar esta xornada realizando actividades nas que as nenas foran as protagonistas. Unha delas foi a dos amadriñamentos lectores. Coma sempre, unha actividade que gusta moito e coa que desfrutamos das lecturas compartidas. Esta vez as que contaban o conto foron elas!!