Poñemos en marcha este pequeno espazo de préstamo, tendo en conta que debedes coñecer as seguintes normas:
-Para levar un libro en préstamo debedes facer vós mesmos un rexistro do mesmo (na táboa de rexistro que tedes xunto aos libros).
-O tempo de préstamo é dun mes como máximo.
-Podedes colaborar co recuncho, deixando libros para intercambiar cos outros pais e nais. É importante que marquedes co voso nome o libro para identificalo, e así poder devolvelos cando remate o curso.
 Graciñas pola vosa colaboración e agardamos que gocedes coas vosas lecturas!!
 
