Latras Galegas 2019

A semana pasada festexamos as Letras Galegas no cole. As nenas e nenos de segundo contáronnos a biografía de Antonio Fraguas, os de primeiro explicáronnos como son as vestimentas do traxe galego en home e muller, os de terceiro convertíronse en Forges, por un ratiño, facendo as súas caricaturas, e os de sexto fixeron a interpretación teatral do “piollo e a pulga”. Como fin de festa tivemos a sorte de desfrutar do gran gaiteiro Marcos Campos.