Escola de Nais e Pais

Nas últimas semanas desfrutamos de dúas novas sesións da Escola de Nais e Pais.
O venres 29 de marzo as asesoras do programa SUPERTICS estiveron presentando a súa proposta de mellora da competencia matemática e lingüística a partir do traballo dos que denominan "pre-requisitos lectores e matemáticos", habilidades de situación espacial, coordinación viso-motriz, linguaxe e vocabulario,..

E o xoves 4 de abril contamos coa colaboración do CEFORE de Vigo, que organizou unha charla sobre "Educación emocional" para profesorado e familiares dos nenos e nenas. Foi unha sesión moi amena e agradable para todas e todos, e fixemos moitas aprendizaxes novas da man de Raquel Pedrouso, a relatora.