22 de febreiro: Galegamente con Rosalía.

E o venres 22 de febreiro rematamos os días adicados a Rosalía de Castro con actividades de lecer agradables e saudables.
Fixemos xuntos a milla diaria, acompañados con "Malamente" de Rosalía.

Despois xuntámonos na entrada do colexio para desfrutar das versións que fixeron algúns nenos e nenas do colexio.


E rematamos creando un xardín con roseiras para Rosalía, que decoramos coas flores que fixéramos xuntos o mércores.



E xuntos ademáis fixemos o quebracabezas do retrato de Rosalía, que quedou moi fermoso.


Foron uns días moi agradables, traballando e xogando xuntos e coñecendo á nosa escritora máis valerosa, da man da grande Rosalía.