20 de febreiro: Rosalío!!!


Hoxe no colexio vivimos un "Rosalío": durante a milla as mestras repartiron as pezas de 30 quebracabezas de flores con estrofas dun poema de Rosalía de Castro... e tivemos que buscar aos nosos compañeiros e compañeiras de "quebracabezas" para formalo e colorealo. Así conseguiríamos formar un fantástico xardín de flores-poema para homenaxear a Rosalía. Foi unha actividade moi divertida e agradable para todos e todas: camiñamos, falamos, compartimos, coloreamos, lemos,... xuntas e xuntos.




E para rematar as nenas e nenos de 5º de Primaria recitaron o poema composto usando a megafonía do colexio.