Cando secou un pouco a terra as nenas e nenos dos distintos grupos achegáronse coas súas mestras para sementar cebolas, allos, cenorias, fresas, acelgas e espinacas.
Agora teremos que regar, sacar malas herbas, coidar as plantiñas que van medrando,... e desfrutar moito da nosa hortiña.
