17 de xaneiro. Visita ao Concello

Os rapaces e rapazas de 5° e 6° estiveron visitando e coñecendo o Concello de Vigo. Desfrutaron moito coas explicacións dos monitores sobre os espazos e actividades que se realizan alí, pero non tiveron a oportunidade de facerlle preguntas ao Alcalde (os máis maiores descubriron que fora ministro do goberno).

Foi unha actividade moi proveitosa e agradable, e por suposto tamén "sementaron"  un libro para que quen o atope desfrute da súa lectura.