14 de xaneiro: por fin chegou o paquete de Nadal!!!

Hoxe os nenos e nenas recibiron unha sorpresa estupenda no patio... a carteira deixara os agasallos de Papá Noel, o Apalpador e os Reis Magos na porta do cole. Un paquete enorme, que tiveron que levar varios rapaces e rapazas xuntos.
E despois do recreo xuntámonos todas e todos na biblioteca para abrir o agasallo: un montón de libros estupendos!!!! que fantástico!!! e tamén deixaron dous quebracabezas e dúas casiñas do 100.
(Preme na imaxe para ver un vídeo da xornada)

Agora Marga terá que catalogalos para que os poidamos desfrutar prontiño na biblioteca... Felices lecturas!!!