Cando comeza un novo ano todas e todos temos novos propósitos e no colexio seguiremos mantendo un que xa é unha realidade (que debemos seguir mellorando)...
 "COIDÁMONOS E QUERÉMONOS".
Xa iniciámos a actividade da MILLA DIARIA, e o equipo de biblioteca e normalización están argallando novas propostas relacionadas co horto, actividades de lecer,...
E mentres agardamos novidades, nos corredores do colexio as rapazas e rapaces teñen á súa disposicións dúas novas exposicións temporais:
QUÉRETE, na que poden atopar libros sobre emocións, autorregulamento, bos comportamentos,... (CDU 17 da nosa biblioteca), no corredor da planta baixa.
CÓIDATE, na que se recollen libros sobre deportes e actividades de lecer  (CDU 79 da nosa biblioteca),no corredor da primeira planta.
