5 de novembro de 2018: novas exposicións na biblioteca.

Durante o mes de Decembro teremos novas exposicións na biblioteca do colexio.

Contaremos cunha nova selección de libros e contos para as nenas e nenos que se van a iniciar na lectura: libros con pouco texto, letras maiúsculas, vocabulario sinxelo,...
Comezamos tamén a renovar o fondo de biblioteca con libros relacionados coa temática da PDI Sementando saúde: material sobre o corpo humano, emocións, horto, receitas académicas,...

 

E no RECANTO DO TÉ, CHOCOLATE E CAFÉ do corredor do primeiro andar temos a exposición "Polo Nadal, contos e xoguetes para todas e todos", cunha selección de xoguetes e libros cos que podemos desfrutar todos e todas as rapazas e rapaces do colexio.