30 de novembro: Sesión de contacontos coas familias

O mes de novembro, adicado á cociña, rematou cunhas espectaculares sesións de contacontos desenvolvidas por algunhas nais de nenos e nenas do colexio: Marta, Loreto, Rosana e Raquel fixeron desfrutar aos rapaces e rapazas moitísimo, xa que son unhas contadoras fantásticas!!!!


  Moitísimas grazas por  facer unha "hora de ler" diferente e moi divertida.


As aventuras da galiña roxa, da ovelliña á que quería comer o lobo, do lobiño riquiño, dos contos perversos,... viaxarán agora ás vosas casas, para que as poidades desfrutar en familia. E irán acompañadas de receitarios nos que podedes escribir e ilustrar as vosas receitas favoritas. viaxarán durante todo o curso e así teremos uns receitarios estupendos.
Graciñas a todos pola vosa colaboración!!