14 de decembro. Gran concurso de decoración de portas de Nadal.

Durante estas semanas pasadas as nenas e nenos do cole levan traballando moito cos seus mestres e mestras. Debuxando, recortando, pintando,... adornos para decorar as portas das aulas.



E agora toca o momento de decidir cal é a gañadora, a que máis gusta.
As nenas e nenos decidirán nas aulas cales son as tres que máis lle gustan ao grupo e o indicarán cun "gústanos" nas súas portas favoritas.
E os familiares poderán colaborar indicando cales son as que máis lles gustan usando as contas de Instagram e Facebook do cole.
Participemos todas e todos para decidir cal é a porta gañadora... O cal vai a ser moi complicado por que son todas fabulosas!!!