12 de decembro de 2018: Nadal en familia.

Dende o cole propuxemos unha actividade para que as familias colaboraran cos nenos na preparación dunha árbore de Nadal coa que decorar a entrada do colexio.
E o resultado non puido ser mellor: as árbores son espectaculares. Hainas con purpurina, macarróns, papeis, pintadas,... todas preciosas.


Moitas grazas por pasar un bo rato cos vosos fillos e fillas e por colaborar na decoración do colexio!!!