7 de novembro de 2018

O mércores 7 de novembro as nenas e nenos de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria recibimos unha estupenda sorpresa, xa que na hora do conto pasámolo xenial cos CONTACONTOS MUSICAIS de BEA e MANUEL de Migallas Teatro.

A súa música e historias foron fantásticas e estivemos todos moi entretidos.
Estes foron os contos cos que desfrutamos...