25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

O venres 23 de novembro de 2018 as rapazas e rapaces do colexio xuntámonos coas nosas mestras e mestres no patio para compartir as cancións coas que durante a semana estivemos traballando nas aulas co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Todas e todos xuntos preparamos un sinxelo flashmob coa canción "Déjala que baile" de Alejandro Sanz e Melendi, que ten unha mensaxe tan clara a favor do respecto pola autonomía e a liberdade de cada un de nós. Se premedes na imaxe poderedes ver como quedou e o ben que o pasamos.


 E as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º prepararon nas sesións de Lingua Galega dúas cancións de Guadi Gallego nas que se empodera a figura das mulleres e coas que desfrutaron e aprenderon moito.