12 de novembro de 2018. Festexamos comendo: o Magosto


magosto 2018

O luns 12 de novembro festexamos o MAGOSTO no colexio. Unha festa estupenda na que desfrutamos da merenda con castañas e pan con chourizo e de xogos por equipos no patio. A colaboración da ANPA ALBORADA e do noso querido conserxe MONCHO (que non sae nas fotos pero asou as castañas estupendamente) fixo que todos puideramos desfrutar.
Participaron as nais e pais que puideron asistir, e houbo xogos para eles e para o profesorado... Todos e todas sodes campeóns!!!
E o máis importante... foi un día de ledicia, xogo, risas... para as nenas e nenos, verdadeiros protagonistas do que sucede no colexio!!!